O LOMG nos IES: visitas didácticas
Programa de visitas didácticas ao Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia. Os estudiantes, acompañados por monitores especializados, recibirán explicacións didácticas sobre o traballo que se desenvolve nestas instalacións oficiais. O seu ámbito de actuación é o da metroloxía aplicada, realizando as súas accións sobre os seguintes eixes:
- A investigación en metroloxía e ensaios.
- A difusión, a formación e o asesoramento en dito ámbito.
- O mantemento e diseminación das unidades do S.I.
Destinatarios:
- Escolares de secundaria.
- Limitada a 20 grupos para o curso 2007-08.
- Imprescindible reserva previa.
Características:
- Visita gratuíta.
- Axuda de 100 € para o transporte para as primeiras 10 reservas.
- Os asistentes, durante a visita guiada, coñecerán:
- A importancia da metroloxía e do Sistema Internacional na vida cotiá.
- Laboratorios reais de traballo e investigación; "os nosos científicos" no seu ambiente de traballo.
- Saídas laborais reais para as carreiras científicas do noso país.
- A importancia da cultura científica.
- Instrumentos e técnicas científicas: o punto triple da auga, pistola de temperatura, cámara anecoica, banco de modelado 3D...
- Acompañamento de monitores que conxugarán perfectamente os aspectos culturais e educativos dándolle unha visión lúdica e de entretemento.
- A visita durará entre 1 hora e hora e media para cada grupo de escolares, en horario matinal.