EXPO-LOMG: a historia da metroloxía.
Exposición composta por 17 paneis a disposición en préstamo de todos os centros escolares do país con alumnos de secundaria. A exposición contará a historia da metroloxía e dos sistemas de unidades, contando con información válida para distintas áreas do coñecemento: Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Historia...
Destinatarios:
Centro de ensino con estudios de Secundaria e/ou Bacharelato.
Características:
- 17 paneis de tipo "roller", para ser montados nun espazo de interior. Fáciles de montar, envíanse con instrucións para a súa montaxe. Estímase un tempo de montaxe dun máximo de media hora para unha soa persoa.
- Transporte gratuíto da exposición.
- Materias didácticos adicionais para mellor aproveitamento da exposición.
- A exposición estará dispoñible un máximo de 15 días, sendo entregada un luns e recollida o venres da semana seguinte. Poderán ser menos días se o centro é pequeno, ou máis con causa xustificada.
- Algúns dos temas da exposición son:
- Medidas antigas: pés, cóbados e brazas.
- Que sucedía antes da aparición do SI? Como se calculaban pesos, medían distancias...?
- Importancia do SI.
- Cambios que provocou a aparición do SI.
- A repercusión da metroloxía no sistema económico dun pais e nas relacións comerciais.
- Expedicións para a medida do meridiano e a definición do metro.
- O cartografado do noso país por Domingo Fontán.
Eis as datas e lugares nos que van estar as exposicións, durante o último trimestre do curso 2007-08. Debido á demanda e gran número de reservas, fixemos unha segunda impresión dos paneis para dar un mellor servizo. Está aberto o prazo para a pre-reserva da exposición para o curso 2008-09 (pendentes da existencia de finanzamento para a mesma).
Do 31 de marzo ao 13 de abril
- IES do Castro, Vigo (Pontevedra).
- IES Anxel Fole, Lugo.
Do 14 ao 27 de abril
- IES República Oriental do Uruguai, Vigo (Pontevedra).
- IES Curtis (A Coruña).
Do 28 de abril ao 11 de maio
- IES Manuel Murguía, Arteixo (A Coruña).
- CPI Tomás Terrón Mendaña, Sobradelo de Valdeorras (Ourense).
- IES Agra de Raíces, Cee (A Coruña).
Do 12 ao 25 de maio
- IES Chapela, Redondela (Pontevedra).
- IES Salvador de Madariaga, A Coruña.
Do 26 de maio ao 8 de xuño
- IES Blanco Amor, Culleredo (A Coruña).
- IES Blanco Amor, Ourense.
Do 9 ao 22 de xuño
- IES Maruxa Mallo, Ordes (A Coruña).
- IES A Paralaia, Moaña (Pontevedra).